lunes, 19 de diciembre de 2011

Bo Nadal

Estamos rematando o primeiro trimestre, os resultados foron uns mellores que outros, en moitos casos deberemos traballar mais á volta das vacacións. Os suspensos terán que subir nota nos próximos exámes.
En calquer caso deséxovos pasedes unhas boas vacacións coas vosas familias, e aproveitade para ler, calquer libro que vos guste, aquí na dereita van 3 libros como exemplo.
Feliz ano 2012

sábado, 19 de noviembre de 2011

Concurso de Fotografia

O Consello Superior de Investigacions Cientificas (CSIC), a Mision Bioloxica de Galicia, a Fundacion Barrie, xunto co Ministerio de Eduacion, organizan un Concurso de Fotografia coas arbores e o noso patrimonio cultural e bioloxico como tema principal.
Tedes toda a información no seguiste enlace. Animadevos e mandade  a foto que mais vos guste ou facedelle unha foto a esas arboles que tanto vos chaman a atención.  Arbores, patrimonio vivo
Tamén podedes mirar a presentación feita por David, a alumno do Master que xa coñecedes

Entrega de premios

Coinciden o mesmo día e hora ( 23 de novembro do 2011 ás 20 horas), en Santiago a entrega de dous premios no ámbito científico: un é o premio Bento Spinoza de Ensaio a Jean Didier Vincent, e o outro é o Premio Fonseca a Sir Roger Penrose. Os dous destacan pola súa dedicación ó estudio e comprensión do  cerebro humano, tal vez o novo reto que temos para comprender mellor o mundo que nos rodea e a nos mesmos, xunto co estudio do Universo.

O Premio Bento Spinoza concedeo o noso instituto xunto con outros catro de Galicia, e leva ese nome en alusión á lingua galego-portuguesa, utilizada pola familia Spinoza formada por xudios sefardíes que escaparon da Inquisición no século XVII.
Debemos a Spinoza a idea de queo  papel do estado é facer a todos os homes libres, imaxinade o que foi dicir isto no século XVII!
O acto da entrega do premio será no Salón de actos do IES Rosalía. Este ano o premio foi otorgado a Jean Didier Vincent polo seu ensaio "Viaje extraordinario al centro del cerebro", unha guía completa e audaz sobre o cerebro humano e moi ben escrita. É unha visita ós lugares do noso cerebro onde percibimos placeres como comer, beber ou o amor, empatía, risa, os recordos ou a lingua. Unha foto do acto

Premio Fonseca 2011  que concede a USC recaeu este ano no inglés Penrose , destacado físico matemático, e como non filósofo. É un bo ceñecedor e divulgador da teoría da relatividade, e pretende demostrar ademáis con biofísica que os ordenadores nunca poderán ter conciencia.

Semana da Ciencia

Como noutros moitos lugares celebramos estes dias a Semana da Ciencia. Creemos que a Ciencia e a Tecnoloxía son algo máis que as teorías, as leis e os exames cheos de palabras difíciles de manexar. A ciencia como actividade innovadora e creativa é moi atractiva para a xente nova.
Este ano a Semana da Ciencia está dedicada á Química e ó Ano Internacional dos Bosques, con tal motivo a Xunta convoco un atractivo concurso fotográfico con premios. Tedes a información mais arriba
Queremos agradecer a todos os que participaron nos obradoiros, especialmente ós monitores e todos aqueles que nos axudaron. Votade unha ollada ás  fotos.  E para os que non puidestes ver ningún Protozoo probade neste video ( omundo nunha gota de auga)

O corpo humano

Veremos nos próximos meses os temas do corpo humano. Debemos coñecer as partes importantes, onde están, como funcionan e cales son as alteracións importantes, non so para aprobar os exámenes senon tamén para manter unha boa calidade de vida, nos e as nosas familias.
Hai moita información na rede relacionada co corpo humano, un excelente complemento ó libro de texto e con animacións interactivas omitas veces. a continuación tedies alguna destos enlaces: O corpo humano
Blog de Paloma    El hombre (con exercicios)   El cuerpo virtual    El cuerpo humano
Tedes aqui copias dos exercicios do aparato dixestivo e do aparato respiratorio, neste ultimo os debuxos son do anterior blog de Paloma, que conten unha presentacion con todos os nomes, debedes de consultalo.

Pulsade aquí  para ver un montón de vídeos de Bioloxía

lunes, 7 de noviembre de 2011

Setas no outono

Este ano as choivas de outono chegaron tarde, pero ainda así podemos disfrutar saíndo ó campo, recoller algus cogumelos e aprender cales son os comestibles e cales non. Aqueles que quieran aprender máis, e conten con axuda para recoñecer  en os cogumelos comestibles poden visitar estes enlace:  Setas de Galicia

domingo, 23 de octubre de 2011

Demostracións prácticas

Imos ver como podemos recoñecer algúns nutrientes nos alimentos. So faremos recoñecemento cualitativo, é dicir hai ou non, e onde hai mais e onde hai menos cantidade. A valoración cuantitativa ou determianción da cantidade queda para máis adiante.
Faremos recoñecemento do almidón, vitamina C, ferro...

Nalgunhas demostracións debedes facer un informe según o seguiste guión:  Guión informelaboratorio
Proba a facer algunhas na túa casa:  tomamos ferro cos cereais?

lunes, 17 de octubre de 2011

Outro Premio para o Rosalía

                                                    (tomada da Voz de Galicia)
                                               
Un novo premio para o noso Instituto, unha vez máis con traballos de bioloxía e química. Noraboa ós galardonados e tamén ás profesoras Charo e Carmen touza  Un premio de investigación do Ministerio

miércoles, 12 de octubre de 2011

Tema 2Nutrición e saúde

Quenes conseguiran este diploma?

Xa empezamos o 2º tema, é moi amplio e hai moitísimos recursos na rede, xa que nos preocupa a todos, xa sabedes: SOMOS O QUE COMEMOS
Teño unha boa alimentación?, como podo sabelo?, como podo mellorar a miña dieta según as miñas necesidades?. Imos tratar de contestar estas e outras preguntas que poidades ter.
Exercicio da piramide

Debedes diferenciar alimentos de nutrientes, e os tipos de nutrientes. Logo debedes saber manexar a roda dos alimentos e a pirámide alimentícia. Para isto podedes ver os seguintes enlaces.
Video da pirámide alimentícia               Traballando coa miña pirámide (Mypyramide)
Multimedia de nutrición            Navega e aprende
Varios test:   Test de alimentación  ,   Outro test    ,   Xogo de nutrición (ó final da web)

Algúns enlaces para saber máis:
Guía de alimentación e saúde           Alimentación     Alimentación para deportistas
Nutrición e dietas     Nutrición e dietas

Non vos olvidedes que á volta do "Halloween" virá o exame  

domingo, 9 de octubre de 2011

Fin do Primeiro Tema

Despois de 3 semanas debemos rematar o Tema 1 de introducción á saúde no noso corpo. Debedes ir lendo  os temas e facendo os exercicios correspondentes, fixándovos nas palabras en negrita para entender conceptos e relacionalos, tratando de relacionar o que aprendes co que xa sabes. Os termos, apartados e preguntas que non entendedes poñédes unha señal na libreta e preguntádelos na clase.
Nos seguintes enlaces podedes prácticar a célula:  Partes da célula   Identifica orgánulos celulares (so na cel animal)  Organulos   Celulas e tecidos
Na vos a libreta (co voso nome escrito)  debedes ter contestadas todas as preguntas ata a páxina 28 incluída.
Recordade que facendo un artigo cada mes suberedes a nota, proba a mirar algún dos que hai na derrita.
Tamen podedes mira a seguinte paxina se queredes mais informacion sobre doacion de organos: http://relaciones.practicopedia.com/solidaridad/como-hacerse-donante-de-organos-y-tejidos-2594

lunes, 3 de octubre de 2011

Premio Nobel de Mediciña 2011

Hoxe, luns 3 de outubro do 2011 sae nos periódicos a concesión do Premio Nobel de Mediciña, que recae este ano en 3 investigadores: Beutler, Steinman e Hoffmann polas súas investigación e aportes ó millor coñecemento do noso sistema inmune.
As investigacións levadas a cabo durante anos por estes investigadores permítennos coñecer mellor os mecanismos de defensa do nos o corlo, "abriendo así novas vías para o desenvolvimiento da prevención e tratamiento contra as infeccións, cancro e algunas enfermedades inflamatorias", por ejemplo con novas vacunas.
Para saber máis podedes consultar o seguinte enlace, ou calquer portada dos periódicos: La Voz de Galicia, El País, El Mundo ou ABC. El Mundo ten unha excelente información gráfica sobre as vacinas, que recomendo:

Premio Nobel de Mediciña 2011

Historia das vacinas

domingo, 2 de octubre de 2011

Conferencia: "A auga no mundo contemporáneo"






O pasado venres 23 de setembro tivo lugar, como ben sabedes, unha conferencia do investigador vulcanólogo Francisco Anguita no salón de actos do noso Instituto, dentro do seminario e obradoiro de Climántica "Auga e Cambio Climático", que están levando os autores do libro co mesmo título, en catro cidades de Galícia.
Francisco Anguita é un destacado investigador español no ámbito da Xeoloxía, vulcanólogo, foi profesor da Universidade Complutense de Madrid, gran impulsor do ensino das Ciencias da Terra no Bacharelato, e nos últimos anos volcado en labores de divulgación como neste caso dentro do ámbito de Climántica.
Coñecedes Climántica?

sábado, 1 de octubre de 2011

Hola a todos

Benvidos a este blog para 3ºESO do IES Rosalía de Santiago de Compostela

Abrimos esta ventana entre a aula, a cidade, o fogar e o entorno en xeral, coa intención de que sirva de axuda para coñecernos mellor a nos mesmos, o corpo humano, e o entorno que nos permite manter unha boa saúde e calidade de vida.