
O Premio Bento Spinoza concedeo o noso instituto xunto con outros catro de Galicia, e leva ese nome en alusión á lingua galego-portuguesa, utilizada pola familia Spinoza formada por xudios sefardíes que escaparon da Inquisición no século XVII.
Debemos a Spinoza a idea de queo papel do estado é facer a todos os homes libres, imaxinade o que foi dicir isto no século XVII!
O acto da entrega do premio será no Salón de actos do IES Rosalía. Este ano o premio foi otorgado a Jean Didier Vincent polo seu ensaio "Viaje extraordinario al centro del cerebro", unha guía completa e audaz sobre o cerebro humano e moi ben escrita. É unha visita ós lugares do noso cerebro onde percibimos placeres como comer, beber ou o amor, empatía, risa, os recordos ou a lingua. Unha foto do acto
O Premio Fonseca 2011 que concede a USC recaeu este ano no inglés Penrose , destacado físico matemático, e como non filósofo. É un bo ceñecedor e divulgador da teoría da relatividade, e pretende demostrar ademáis con biofísica que os ordenadores nunca poderán ter conciencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario