Mostrando entradas con la etiqueta Conferencias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Conferencias. Mostrar todas las entradas

sábado, 19 de noviembre de 2011

Entrega de premios

Coinciden o mesmo día e hora ( 23 de novembro do 2011 ás 20 horas), en Santiago a entrega de dous premios no ámbito científico: un é o premio Bento Spinoza de Ensaio a Jean Didier Vincent, e o outro é o Premio Fonseca a Sir Roger Penrose. Os dous destacan pola súa dedicación ó estudio e comprensión do  cerebro humano, tal vez o novo reto que temos para comprender mellor o mundo que nos rodea e a nos mesmos, xunto co estudio do Universo.

O Premio Bento Spinoza concedeo o noso instituto xunto con outros catro de Galicia, e leva ese nome en alusión á lingua galego-portuguesa, utilizada pola familia Spinoza formada por xudios sefardíes que escaparon da Inquisición no século XVII.
Debemos a Spinoza a idea de queo  papel do estado é facer a todos os homes libres, imaxinade o que foi dicir isto no século XVII!
O acto da entrega do premio será no Salón de actos do IES Rosalía. Este ano o premio foi otorgado a Jean Didier Vincent polo seu ensaio "Viaje extraordinario al centro del cerebro", unha guía completa e audaz sobre o cerebro humano e moi ben escrita. É unha visita ós lugares do noso cerebro onde percibimos placeres como comer, beber ou o amor, empatía, risa, os recordos ou a lingua. Unha foto do acto

Premio Fonseca 2011  que concede a USC recaeu este ano no inglés Penrose , destacado físico matemático, e como non filósofo. É un bo ceñecedor e divulgador da teoría da relatividade, e pretende demostrar ademáis con biofísica que os ordenadores nunca poderán ter conciencia.

domingo, 2 de octubre de 2011

Conferencia: "A auga no mundo contemporáneo"






O pasado venres 23 de setembro tivo lugar, como ben sabedes, unha conferencia do investigador vulcanólogo Francisco Anguita no salón de actos do noso Instituto, dentro do seminario e obradoiro de Climántica "Auga e Cambio Climático", que están levando os autores do libro co mesmo título, en catro cidades de Galícia.
Francisco Anguita é un destacado investigador español no ámbito da Xeoloxía, vulcanólogo, foi profesor da Universidade Complutense de Madrid, gran impulsor do ensino das Ciencias da Terra no Bacharelato, e nos últimos anos volcado en labores de divulgación como neste caso dentro do ámbito de Climántica.
Coñecedes Climántica?