O domingo 8 de xuño foi a entrega de premios ós autores de relatos co galo do centenario do Instituto Oceanográfico Español. Foi na praia de Samil e houbo carpas que mostraban o traballo que fan os científicos no Instituto. Podedes visitar a páxina do centro aquí.
Os relatos finalistas foron: Angel García e Juan Pazos de 3ºA, Lucía Viña de 3º B, Aldara García de 3ºC, e Uxía Gómez de 3ºA. A finalista en relatos cortos foi Paula Couto de 3ºA. Parabens a todos e todas.
Mostrando entradas con la etiqueta Concursos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Concursos. Mostrar todas las entradas
domingo, 15 de junio de 2014
jueves, 15 de mayo de 2014
CONCURSOSSS!!!!
Outro concurso mais de fotografía e relatos e curtometraxes, esta vez convodos por ADEGA. A temática é o estado do territorio e como o vemos nos. Como vemos, sentimos e compartimos a paisaxe, os núcleos urbanos, as vilas? . Que sentimos en relación a outros seres vivos? Queremos suxerir ou temos ideas que queremos compartir para mellorar o aproveitamento sustentable dos nosos recursos? … e outras moitas preguntas que nos poden motivar a concursar. Aquí tedes máis información.
lunes, 20 de mayo de 2013
Final Premio Luis Freire
Xa temos os traballos premiados no Premio Luis Freire, sinto dicirvos que non foi seleccionado ningún traballo de 3ºESO, foron seleccionados 2 traballos de 4ºESO do IES Rosalía. Non hai que desanimarse e o próximo curso con máis experiencia e tempo teremos máis oportunidades.
Para mais información consultade o blog condarwin para o alumnado de 4ºESO, e así ídesvos habituando a 4º.
Para mais información consultade o blog condarwin para o alumnado de 4ºESO, e así ídesvos habituando a 4º.
jueves, 4 de abril de 2013
Campamentos de verán
Estamos no tempo para solicitar campamentos de verán se interesan:
Aquí está toda a información dos campamentos de verán, tanto os de 9 a 17 anos como os de 18 a 35 anos:
Aquí está toda a información dos campamentos de verán, tanto os de 9 a 17 anos como os de 18 a 35 anos:
http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html
Tamén están os campamentos de idiomas da consellería de educación para a ESO E Bacharelato:
http://xuventude.xunta.es/2013032210094/actividades-de-formacion-en-linguas-estranxeiras-no-veran-2013.html
Os campamentos de idiomas do Ministerio de Educación para 5º , 6º de primaria e 1º da ESO:
http://xuventude.xunta.es/2013031810051/inmersion-lingueistica-en-colonias-de-vacacions-para-o-veran-de-2013.html
Tamén están os campamentos de idiomas da consellería de educación para a ESO E Bacharelato:
http://xuventude.xunta.es/2013032210094/actividades-de-formacion-en-linguas-estranxeiras-no-veran-2013.html
Os campamentos de idiomas do Ministerio de Educación para 5º , 6º de primaria e 1º da ESO:
http://xuventude.xunta.es/2013031810051/inmersion-lingueistica-en-colonias-de-vacacions-para-o-veran-de-2013.html
lunes, 18 de marzo de 2013
Premio Luis Freire
Espero ter tempo a partir desta semana para dirixirvos as experiencias que foron selecionadas para o Premio Luis Freire. Tedes algunha información complementaria para baixar na aula virtual.
A continuación vai un guión de como pode ser a memoria final :
Memorias: antes do 19 abril, ultimo día entrega dun borrador no que irán incluídos os seguintes apartados:
1ª páxina: título (centrado na páxina e no medio) , e nomes completos dos/as autores/as, data e IES Rosalía Castro (abaixo e máis pequeno)
2ª páxina: un índice: título dos apartados e páxinas, cada apartado comezará nunha páxina. Isto claro está se a memoria ten varias páxinas.
3ª páxina e seguintes: (cada páxina comezará nun apartado)
Introdución: xustificación da importancia da investigación. Un resumo do que debemos saber do tema
Obxectivo: breve descrición do que queremos averigüar, e porque é de interese educativo e científico
Descrición das tarefas a realizar ou realizadas xa, así como o reparto dos traballos
Se podemos e procede facemos un deseño segundo o método científico:
Hipótese
Variables:independente, dependente, controladas
Grupo control e grupo experimental
Método: paso a paso
Resultados, datos obtidos, mellor acompañar de fotos
Satisfacen os resultados á hipótese de traballo?
Como se podería mellorar a experiencia?
Conclusións
domingo, 11 de marzo de 2012
Concursos de Ciencias
Gústache escribir? Tes algún relato metido no caixón do teu escritorio? queres escribir un relato curto con elementos da Ciencia? . Pois hai un portal que anda buscando escritores que saiban reunir a literatura e a Ciencia. Estarías na categoría juvenil, debes rexistrarte e podes enviar os relatos en castelá ou gallego, abre o seguinte enlace: Inspiraciencia . debes facelo xa pois o 15 de Marzo é o último día.
Tes máis tempo para participar na Feira de Ciencias en Google. É un concurso de investigación científica "on line" que pretende buscar mentes con inquietudes científicas. Debes partir duna pregunta relacionada coa investigación algún problema ou aspecto do mundo que nos rodea, pode ser medio ambiental, climático, con seres vivos, ou otro aspecto das Cincias experimentáis. Recordas o que vimos na clase do Método Científico, pois algo así pero ágora máis creativo e original.
Tes aquí o enlace: Google Science Fair. Debes rexistrarte e conseguir a autorización dos teus país, antes do 1 de Abril!
sábado, 19 de noviembre de 2011
Concurso de Fotografia

Tedes toda a información no seguiste enlace. Animadevos e mandade a foto que mais vos guste ou facedelle unha foto a esas arboles que tanto vos chaman a atención. Arbores, patrimonio vivo
Tamén podedes mirar a presentación feita por David, a alumno do Master que xa coñecedes
Tamén podedes mirar a presentación feita por David, a alumno do Master que xa coñecedes
Suscribirse a:
Entradas (Atom)