lunes, 19 de diciembre de 2011

Bo Nadal

Estamos rematando o primeiro trimestre, os resultados foron uns mellores que outros, en moitos casos deberemos traballar mais á volta das vacacións. Os suspensos terán que subir nota nos próximos exámes.
En calquer caso deséxovos pasedes unhas boas vacacións coas vosas familias, e aproveitade para ler, calquer libro que vos guste, aquí na dereita van 3 libros como exemplo.
Feliz ano 2012

sábado, 19 de noviembre de 2011

Concurso de Fotografia

O Consello Superior de Investigacions Cientificas (CSIC), a Mision Bioloxica de Galicia, a Fundacion Barrie, xunto co Ministerio de Eduacion, organizan un Concurso de Fotografia coas arbores e o noso patrimonio cultural e bioloxico como tema principal.
Tedes toda a información no seguiste enlace. Animadevos e mandade  a foto que mais vos guste ou facedelle unha foto a esas arboles que tanto vos chaman a atención.  Arbores, patrimonio vivo
Tamén podedes mirar a presentación feita por David, a alumno do Master que xa coñecedes

Entrega de premios

Coinciden o mesmo día e hora ( 23 de novembro do 2011 ás 20 horas), en Santiago a entrega de dous premios no ámbito científico: un é o premio Bento Spinoza de Ensaio a Jean Didier Vincent, e o outro é o Premio Fonseca a Sir Roger Penrose. Os dous destacan pola súa dedicación ó estudio e comprensión do  cerebro humano, tal vez o novo reto que temos para comprender mellor o mundo que nos rodea e a nos mesmos, xunto co estudio do Universo.

O Premio Bento Spinoza concedeo o noso instituto xunto con outros catro de Galicia, e leva ese nome en alusión á lingua galego-portuguesa, utilizada pola familia Spinoza formada por xudios sefardíes que escaparon da Inquisición no século XVII.
Debemos a Spinoza a idea de queo  papel do estado é facer a todos os homes libres, imaxinade o que foi dicir isto no século XVII!
O acto da entrega do premio será no Salón de actos do IES Rosalía. Este ano o premio foi otorgado a Jean Didier Vincent polo seu ensaio "Viaje extraordinario al centro del cerebro", unha guía completa e audaz sobre o cerebro humano e moi ben escrita. É unha visita ós lugares do noso cerebro onde percibimos placeres como comer, beber ou o amor, empatía, risa, os recordos ou a lingua. Unha foto do acto

O Premio Fonseca 2011  que concede a USC recaeu este ano no inglés Penrose , destacado físico matemático, e como non filósofo. É un bo ceñecedor e divulgador da teoría da relatividade, e pretende demostrar ademáis con biofísica que os ordenadores nunca poderán ter conciencia.

Semana da Ciencia

Como noutros moitos lugares celebramos estes dias a Semana da Ciencia. Creemos que a Ciencia e a Tecnoloxía son algo máis que as teorías, as leis e os exames cheos de palabras difíciles de manexar. A ciencia como actividade innovadora e creativa é moi atractiva para a xente nova.
Este ano a Semana da Ciencia está dedicada á Química e ó Ano Internacional dos Bosques, con tal motivo a Xunta convoco un atractivo concurso fotográfico con premios. Tedes a información mais arriba
Queremos agradecer a todos os que participaron nos obradoiros, especialmente ós monitores e todos aqueles que nos axudaron. Votade unha ollada ás  fotos.  E para os que non puidestes ver ningún Protozoo probade neste video ( omundo nunha gota de auga)