sábado, 19 de noviembre de 2011

Concurso de Fotografia

O Consello Superior de Investigacions Cientificas (CSIC), a Mision Bioloxica de Galicia, a Fundacion Barrie, xunto co Ministerio de Eduacion, organizan un Concurso de Fotografia coas arbores e o noso patrimonio cultural e bioloxico como tema principal.
Tedes toda a información no seguiste enlace. Animadevos e mandade  a foto que mais vos guste ou facedelle unha foto a esas arboles que tanto vos chaman a atención.  Arbores, patrimonio vivo
Tamén podedes mirar a presentación feita por David, a alumno do Master que xa coñecedes

Entrega de premios

Coinciden o mesmo día e hora ( 23 de novembro do 2011 ás 20 horas), en Santiago a entrega de dous premios no ámbito científico: un é o premio Bento Spinoza de Ensaio a Jean Didier Vincent, e o outro é o Premio Fonseca a Sir Roger Penrose. Os dous destacan pola súa dedicación ó estudio e comprensión do  cerebro humano, tal vez o novo reto que temos para comprender mellor o mundo que nos rodea e a nos mesmos, xunto co estudio do Universo.

O Premio Bento Spinoza concedeo o noso instituto xunto con outros catro de Galicia, e leva ese nome en alusión á lingua galego-portuguesa, utilizada pola familia Spinoza formada por xudios sefardíes que escaparon da Inquisición no século XVII.
Debemos a Spinoza a idea de queo  papel do estado é facer a todos os homes libres, imaxinade o que foi dicir isto no século XVII!
O acto da entrega do premio será no Salón de actos do IES Rosalía. Este ano o premio foi otorgado a Jean Didier Vincent polo seu ensaio "Viaje extraordinario al centro del cerebro", unha guía completa e audaz sobre o cerebro humano e moi ben escrita. É unha visita ós lugares do noso cerebro onde percibimos placeres como comer, beber ou o amor, empatía, risa, os recordos ou a lingua. Unha foto do acto

Premio Fonseca 2011  que concede a USC recaeu este ano no inglés Penrose , destacado físico matemático, e como non filósofo. É un bo ceñecedor e divulgador da teoría da relatividade, e pretende demostrar ademáis con biofísica que os ordenadores nunca poderán ter conciencia.

Semana da Ciencia

Como noutros moitos lugares celebramos estes dias a Semana da Ciencia. Creemos que a Ciencia e a Tecnoloxía son algo máis que as teorías, as leis e os exames cheos de palabras difíciles de manexar. A ciencia como actividade innovadora e creativa é moi atractiva para a xente nova.
Este ano a Semana da Ciencia está dedicada á Química e ó Ano Internacional dos Bosques, con tal motivo a Xunta convoco un atractivo concurso fotográfico con premios. Tedes a información mais arriba
Queremos agradecer a todos os que participaron nos obradoiros, especialmente ós monitores e todos aqueles que nos axudaron. Votade unha ollada ás  fotos.  E para os que non puidestes ver ningún Protozoo probade neste video ( omundo nunha gota de auga)

O corpo humano

Veremos nos próximos meses os temas do corpo humano. Debemos coñecer as partes importantes, onde están, como funcionan e cales son as alteracións importantes, non so para aprobar os exámenes senon tamén para manter unha boa calidade de vida, nos e as nosas familias.
Hai moita información na rede relacionada co corpo humano, un excelente complemento ó libro de texto e con animacións interactivas omitas veces. a continuación tedies alguna destos enlaces: O corpo humano
Blog de Paloma    El hombre (con exercicios)   El cuerpo virtual    El cuerpo humano
Tedes aqui copias dos exercicios do aparato dixestivo e do aparato respiratorio, neste ultimo os debuxos son do anterior blog de Paloma, que conten unha presentacion con todos os nomes, debedes de consultalo.

Pulsade aquí  para ver un montón de vídeos de Bioloxía

lunes, 7 de noviembre de 2011

Setas no outono

Este ano as choivas de outono chegaron tarde, pero ainda así podemos disfrutar saíndo ó campo, recoller algus cogumelos e aprender cales son os comestibles e cales non. Aqueles que quieran aprender máis, e conten con axuda para recoñecer  en os cogumelos comestibles poden visitar estes enlace:  Setas de Galicia