jueves, 16 de febrero de 2012

Dona a túa neurona

Como xa vos anunciei na clase a Domus da Coruña vai organizar unha exposición coas neuronas que os escolares de Galicia podan enviar. Esta actividade está realcionada co "Ano da neurociencia en España, 2012.
O prazo termina o 30 de xuño do 2012 pero nos iremos organizando esta actividade nos meses de febreiro e marzo. Para consultar as bases e mirar outras neuronas xa feitas van de seguido algúns enlaces:  Domus  Haz una neurona   Neurone model    Knit a neurone      Subirei a nota da avaliación ata 0.6 puntos cun traballo ben feito axustandose os requerementos do concurso da Domus, leede ben a súa páxina.  Serán traballos individuais ou en parellas, NON MAIS DE 2!
Data limite de entrega: venres 23 de marzo.  Tamaño máximo: 30x20 cm  debe ser plana e rígida. Debe ir dentro dun sobre cos datos engadidos dentro des e sobre. O sobre levará os nomes dos autores.
Calificación do modelo de neurona:  +0.2  nome, idade, curso, centro e materiais de construción;  0.2 ben feita   +0.1 boa presentación.  

jueves, 2 de febrero de 2012

Día Mundial dos humidais: 2 de febreiro

Himanthopus himantopus Autor: Vtornet

O 2 de febreiro de cada ano celebrase o Día Mundial dos Humidais co fin de dar a coñecer as lagoas, esteiros e ecosistemas acuáticos de interés pola súa riqueza en aves, paisaxes, organismos acuáticos, etc. Moitos destes lugares están en serio peligro de desaparecer, e todos eles carecen do recoñecemento e cuidados que merecen.
A poucos km de Santiago están: ría de Noia, Complexo Intermareal do Grove, Lagoa de Xuño cerca de Portosín,  Varias Lagoas  na Terra Chá (Cospeito),  unha antiga lagoa, a de Antela con unha beleza que debeu ser similar a Doñana hoxe, pero casi desaparecida, e así podemos seguir por toda a península. Vivimos a cabalo entre dous continentes, nunha xeografía pequena reunimos casi todolos climas e unha biodiversidade única, excepcional en Europa.  As aves de Europa, e o norte de África levan millóns de anos emigrando de norte a sur en busca de comida e lugares de aniñamento e nos últimos 50 anos cortamos a súa viaxe desecando os lugares que necesitan para completar os seus ciclos de vida.
E para os mais excepticos, pensemos no turismo ornitolóxico. Cada vez vemos máis turistas provistos de prismáticos achegarse á península, verán e inverno, sabendo que a observación de eses lugares encharcados ofrecen sorpresas tódolos días.
Achegovos dous enlaces. Un documental do Grove e outro dunha lagoa recuperada en Teruel.
E para os "paxareiros" un par de blogs: aves rapaces    e   a sociedade ornitolóxica galega

sábado, 21 de enero de 2012

Aparatos circulatorio, excretor e nervioso

Hola de novo, depois deste longo descanso, volvemos a compartir este espacio intentando axudar nas tarefas de Bioloxa 3º.
Teño problemas para cargar alguns documentos na aula virtual do centro, escaneados e formato tif non me deixa cargalos, intentareino aqui.
Debedes estudiar polo libro o tema 4, completalo coas tarefas que vos entreguei, son ampliacins das clulas do sangue, exercicios de completar textos, e outros para practicar as graficas. Debedes facer tamen os exercicios do tema 4
Utilizamos os seguintes enlaces na clase:    presentación aparatos circulatorio e excretor
execelente blog de Paloma sobre a nutricion        buena animación do aparato circulatorio,  sístole e diástole  o sangue           sangue 2     todo sobre o sangue   filtración nas nefronas
As fotocopias: texto circulatorio1       circulación 2     celulas medio interno  analise sangue (referencia)
Tamen podo preguntar unha interpretacion dun frotis de sangue (extension dunha gota de sangue vista o microscopio):
E podedes atopar outros 2 debuxos na aula virtual
O exame comprendera os temas 4 (circulatorio e excretor) e 1 (sistema nervioso ) do libro 2. O sistema nervioso basta con estudialo polo libro de texto, aínda que podedes atopar unha boa axuda nestas láminas interactivas. O EXAME SERÁ O DÍA 23 DE FEBREIRO!.

Recordade que a partir deste mes debedes subir os vosos artigos nun blog de wordpress. As instrucións tedelas na aula virtual

lunes, 19 de diciembre de 2011

Bo Nadal

Estamos rematando o primeiro trimestre, os resultados foron uns mellores que outros, en moitos casos deberemos traballar mais á volta das vacacións. Os suspensos terán que subir nota nos próximos exámes.
En calquer caso deséxovos pasedes unhas boas vacacións coas vosas familias, e aproveitade para ler, calquer libro que vos guste, aquí na dereita van 3 libros como exemplo.
Feliz ano 2012