Como xa vos anunciei na clase a Domus da Coruña vai organizar unha exposición coas neuronas que os escolares de Galicia podan enviar. Esta actividade está realcionada co "Ano da neurociencia en España, 2012.
O prazo termina o 30 de xuño do 2012 pero nos iremos organizando esta actividade nos meses de febreiro e marzo. Para consultar as bases e mirar outras neuronas xa feitas van de seguido algúns enlaces: Domus Haz una neurona Neurone model Knit a neurone Subirei a nota da avaliación ata 0.6 puntos cun traballo ben feito axustandose os requerementos do concurso da Domus, leede ben a súa páxina. Serán traballos individuais ou en parellas, NON MAIS DE 2!
Data limite de entrega: venres 23 de marzo. Tamaño máximo: 30x20 cm debe ser plana e rígida. Debe ir dentro dun sobre cos datos engadidos dentro des e sobre. O sobre levará os nomes dos autores.
Calificación do modelo de neurona: +0.2 nome, idade, curso, centro e materiais de construción; 0.2 ben feita +0.1 boa presentación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario