martes, 8 de octubre de 2013

Premios Nobel

Estanse dando a coñecer estes días os Premios Nobel 2012. O Premio Nobel de Física é para os "pais" do Bosón de Higgs. Hai máis de 50 anos propuxeron un mecanismo para explicar a formación da materia no universo e que se desenvolveu dando o que hoxe se coñece como física de partículas. Os seus cálculos teóricos foron comprobados recientemente no CERN suízo. É polo tanto un premio e recoñecemento á ciencia europea.
Onte douse a coñecer tamén o Premio Nobel de Mediciña, foi para os científicos que estudiaron e xplicaron con detalle os movementos de vesículas (con moléculas) no interior da célula. É un momento adecuado para nos, que estamos estudiando a célula.
Por certo sabedes quen foi Alfred Nobel?. É o premio con maior prestíxio na comunidade científica a nivel mundial, e incluso o ranking de universidades se fai atendendo a estudiantes ou profesores "nobeles" que se relacionan con esas institutcións. En España tan so podemos citar a D Santiago Ramón y Cajal (estudiando as neuronas e a sinapse), e Severo Ochoa (éste último traballando en EEUU no ADN). Lamentablemente é un síntoma da ciencia española.
Os próximos anos veremos premios relacionados co cerebro, que é en este momento un reto para entender o seu funcionamento a nivel molecular.

No hay comentarios:

Publicar un comentario