domingo, 18 de noviembre de 2012

Como podemos recoñecer os cogumelos?

Saber que cogomelos podo comer pasa por practicar a observación. Que debo mirar?  Como podo distinguir unhas doutras?. Non hai regras xerais, digan o que vos digan.  Tan só debemos aprender a recoñecelas unha por unha, é dicir aprender doutras persoas que teñen moita práctica en saír ó campo e recoñecer os cogomelos. 
Persoalmente penso que para comer cogomelos debemos empezar por comer un fácil de recoñecer, logo 2 logo 3, ... e pouco a pouco, collendo práctica saíndo ó campo sempre acompañados, con cestas, uha guía de especies, e recollendo SO AS QUE ESTAMOS SEGUROS DE QUE PODEMOS COMER.   Se hai dubidas ou inseguridade buscade á volta alguén que certifique as comestibles.
Temos moitos cogomelos no noso campo e montes, e moi variados, son deliciosos, e un excelente motivo para saír  nestes días  outonais  con unhas cores na paisaxe incomparables.
De axuda pode servir este vídeo, para empezar. E seguen aquí algunhas guías: en Asturias,   Cesta y Setas,  Guía en pdf para descargar,  

No hay comentarios:

Publicar un comentario