lunes, 26 de marzo de 2012

Remata a segunda avaliación

Estamos ó final da segunda aviación, un momento para pensar no que fixemos na aula e como o podemos mellorar na terceira avaliación para facer un bo remate de curso.
Fonte: El País
O pasado xoves tivemos no centro a 3 autores que viñeron recoller os premios San Clemente na dazaseisava edición: Xulia Alonso ( Futuro Perfecto  )  Eduardo Mendoza  ( Riña de Gatos   )  e Colm Toibin ( Brooklyn). Os tres  víronse no centro cómodos e contentos de ser premiados e agasajados polo alumnado de Bacharelato de varios centros de Galicia e Portugal.  Na cea no Hostal cada novelista compartiu mesa co alumnado do Rosalía, parecían todos encantados.


O BI: BACHARELATO INTERNACIONAL
Aproveito a ocasión para invitarvos, especialmente ó alumnado de 4º da ESO a    coñecer o Bacharelato Internacional, é unha opción que podedes escoller no IES Rosalía. Consiste en facer un Bacharelato algo diferente, ten dúas opcións unha de Ciencias con asignaturas de Física, Química, Matemáticas, Bioloxía e Debuxo Técnico  e outra opción máis parecida ó Bacharelato de Sociais con asignaturas  de Historia, Economía e Matemáticas. Nas asignaturas comúns hai Lengua, Língua,  Literatura, Filosofía, Inglés, Teatro. Este Bacharelato é preparatorio da Selectividade e doutros exámes do Diploma IB, este é válido para entrar en calquer Universidade do Mundo.
O máis interesante é que na opción de Ciencias hai que facer un traballo experimental no laboratorio.


Votade unha ollada a estas fotos dos proyectos que estuvieron facendo este trimestre:

jueves, 15 de marzo de 2012

Os sentidos e o aparato locomotor

Se queredes practicar e repasar como funcionan os nosos sentidos podedes clikar nos seguintes enlaces:
Os sentidos interactivos ,   a BBC sempre ofrece calidade  ilusións ópticas  visual illusions
Se queres probar se posues sinestesia proba aqui
Para practicar no noso esqueleto e músculos: infonaturales  El cuerpo humano   Proyecto Biosfera  As palancasOs músculos , outro de músculos
Xa completei os archivos que poden ser útiles na aula virtual do rosalia, para descargar fotocopias, ver presentacións ou animacións é moito mais práctico na aula virtual

domingo, 11 de marzo de 2012

Concursos de Ciencias

Gústache escribir?   Tes algún relato metido no caixón do teu escritorio? queres escribir un relato curto con elementos da Ciencia? . Pois hai un portal que anda buscando escritores que saiban reunir a literatura e a Ciencia. Estarías na categoría juvenil, debes rexistrarte e podes enviar os relatos en castelá ou gallego, abre o seguinte enlace: Inspiraciencia .  debes facelo xa pois o 15 de Marzo é o último día.

Tes máis tempo para participar na Feira de Ciencias en Google. É un concurso de investigación científica "on line" que pretende buscar mentes con inquietudes científicas. Debes partir duna pregunta relacionada coa investigación algún problema ou aspecto do mundo que nos rodea, pode ser medio ambiental, climático, con seres vivos, ou otro aspecto das Cincias experimentáis. Recordas o que vimos na clase do Método Científico, pois algo así pero ágora máis creativo e original.  
Tes aquí o enlace:  Google Science Fair.  Debes rexistrarte e conseguir a autorización dos teus país, antes do 1 de Abril!