Como xa vos anunciei na clase a Domus da Coruña vai organizar unha exposición coas neuronas que os escolares de Galicia podan enviar. Esta actividade está realcionada co "Ano da neurociencia en España, 2012.
O prazo termina o 30 de xuño do 2012 pero nos iremos organizando esta actividade nos meses de febreiro e marzo. Para consultar as bases e mirar outras neuronas xa feitas van de seguido algúns enlaces: Domus Haz una neurona Neurone model Knit a neurone Subirei a nota da avaliación ata 0.6 puntos cun traballo ben feito axustandose os requerementos do concurso da Domus, leede ben a súa páxina. Serán traballos individuais ou en parellas, NON MAIS DE 2!
Data limite de entrega: venres 23 de marzo. Tamaño máximo: 30x20 cm debe ser plana e rígida. Debe ir dentro dun sobre cos datos engadidos dentro des e sobre. O sobre levará os nomes dos autores.
Calificación do modelo de neurona: +0.2 nome, idade, curso, centro e materiais de construción; 0.2 ben feita +0.1 boa presentación.
jueves, 16 de febrero de 2012
jueves, 2 de febrero de 2012
Día Mundial dos humidais: 2 de febreiro
Himanthopus himantopus Autor: Vtornet |
O 2 de febreiro de cada ano celebrase o Día Mundial dos Humidais co fin de dar a coñecer as lagoas, esteiros e ecosistemas acuáticos de interés pola súa riqueza en aves, paisaxes, organismos acuáticos, etc. Moitos destes lugares están en serio peligro de desaparecer, e todos eles carecen do recoñecemento e cuidados que merecen.
A poucos km de Santiago están: ría de Noia, Complexo Intermareal do Grove, Lagoa de Xuño cerca de Portosín, Varias Lagoas na Terra Chá (Cospeito), unha antiga lagoa, a de Antela con unha beleza que debeu ser similar a Doñana hoxe, pero casi desaparecida, e así podemos seguir por toda a península. Vivimos a cabalo entre dous continentes, nunha xeografía pequena reunimos casi todolos climas e unha biodiversidade única, excepcional en Europa. As aves de Europa, e o norte de África levan millóns de anos emigrando de norte a sur en busca de comida e lugares de aniñamento e nos últimos 50 anos cortamos a súa viaxe desecando os lugares que necesitan para completar os seus ciclos de vida.
E para os mais excepticos, pensemos no turismo ornitolóxico. Cada vez vemos máis turistas provistos de prismáticos achegarse á península, verán e inverno, sabendo que a observación de eses lugares encharcados ofrecen sorpresas tódolos días.
E para os "paxareiros" un par de blogs: aves rapaces e a sociedade ornitolóxica galega
Suscribirse a:
Entradas (Atom)