domingo, 27 de mayo de 2012

Proba de xeomorfoloxía na aula

A semana do 11 ó 15 de xuño  faremos o último exame, será oral, comentando as diapositivas das dúas presentacións que vimos na aula. Unha presentación poderes vela abaixo e a outra no blog dos artigos.
Faredes o comentario de varias diapositivas, na secuencia que vedes nos blogs, en parellas e por orde de lista.
A calificación entrará no apartado de exámes, e avaliarase o uso de linguaxe apropiado con termos relacionados corelieve e a súa formación.
Ademais de ler e estudiar as páxinas do libro de texto, pódete axudar este video.
Logo podes practicar no seguinte video que mostra un pase de diapositivas de paisajes, ó final son comentados oralmente- Debedes miralo varias veces para poder comentar algunas destas diapositivas na clase. Puntuará na 3ª avaliación

miércoles, 16 de mayo de 2012

Exame en Maio

A imaxe da cabeciera está tomada de: www.minube.com/fotos
Os próximos días luns 21 e martes 22 de Maio o alumnado de 4ºA e 4ºB deberá facer o exame dos seguintes temas: hormona, sentidos, aparato locomotor e reprodución.
O exame terá preguntas verdadeiro/falso, múltiple resposta,  2-4 debuxos para completar, un cadro pequeno con hormonas para completar,  e unha pregunta con termos do tema que deberes de reunir formando unha frase con sentido.
Debedes prepara ben o exame pois será moi importante para a nota da terceira e última avaliación.

sábado, 28 de abril de 2012

Un paseo xeolóxico pola Lanzada

O domingo 6 de maio terá lugar un paso xeolóxico guiado pola praia da Lanzada ( entre Sanxenxo e o Grove), descubrirá ós asistentes secretos que gardan as rochas e as areas da praia, é gratuito e aberto a todo o público. Terá tamén unha segunda parte, unha explicación da paisaxe nas magníficas vistas desde o monte Siradella cercano. A actividade está enmarcada na celebración do Xeolodía 2012 , un día ó ano para coñecer mellor a Xeoloxía dalgún lugar na nosa xeografía.  Para inscribirse e coñecer máis sobre a actividade e os Xeolodías probade nestes enlaces.

martes, 24 de abril de 2012

CONCURSO DE EL PAIS: COÑECES O TEU CORPO?



Rexistrate nesta páxina do periódico El Pais e demostra o que sabes participando nun sorteo da colección do corpo humano de National Geographic.
Proba, pode ser divertido, podes facelo con outra persoa