domingo, 24 de junio de 2012

As mozas e a Ciencia


Dentro dos programas europeos da promoción da ciencia nas escolas, o AED lanza diferentes iniciativas para aumentar o gusto das mulleres pola Ciencia e a Tecnoloxía. As cifras din que ás mozas non lles atrae a ciencia e imos  necesitar omitas mulleres con bata blanca nas próximas décadas.
NO medio de varias iniciativas o AED lanzo un video de científicas con tacóns que levanto polémica e tivo que retirado casi inmediatamente, aquí poderes velo e opinar.
Pero o importante é invitar ás mozas coma vos a elexir asignaturas de ciencias!

miércoles, 20 de junio de 2012

O Rosalía no Huffington Post

Parece que non hai fin de momento, as noticias non poden ser mellores: O Huffington Post fala do Rosalía, parece que non é nada raro, o Rosalía sae con frecuencia nos periódicos, pero esta vez ó lado de Rajoy, Nadal, Penélope Cruz e Casillas.
O Huffington Post é o Twiter ou Facebook dos maís aficionados á lectura con opinión, notícias, política e máis cousas. Foi lanzado no 2005 Por Arianna Huffington como unha páxina feita por columnistas deseosos de enfrentarse ó poderoso sector conservador americano. Hoxe fai gala de ter mais de un millón de comentarios ó mes (está de número 1 na lista dos 100 mellores blogs do mundo), e ofrece unha versión en castelá desde o 6 de xuño do 2012.
Animádevos e publicade os vosos comentarios!

Chegamos a un final


Rematamos un curso mais, non sei se isto de empezar e rematar, anos, cursos, campeonatos, vacacións, ... é real ou inventado pero en todo caso estamos nuns días de recoller, valorar e polo menos de decir adiós a un espacio e tempo compartidos. 
Espero e desexo que tanto tempo e esforzo invertido poidades todos conservalos en bos recordos, que as amistades que fixestes duren e que poidades todas e todos mirar ó futuro con moitas ganas de disfrutar e mellorar.
Boas vacacións a todos e ás vosas familias.

martes, 5 de junio de 2012

O tránsito de Venus: unha vez na vida

Na madrugada do mércores 5 de xuño do 2012 vaise producir un fenómeno astronómico bonito e interesante: o paso de Venus por diante do sol, sucede cada certo número de anos debido ás órbitas planetarias e no caso de Venus tardará máis de 100 anos en producirse. NOn poderemos velo aquí directamente peor si por internet.
Vai aquí un enlace a un artigo ondee explica este fenómeno e da enlaces para podelo ver:  El tránsito de Venus . Tamén podedes abrir o excelente blog de astronomía que tedes nos enlaces desta páxina na dereita.